O mércores 16 de agosto, con motivo da festividade de San Roque, festivo local en Vigo e Santiago, permanecerán pechadas a Sede colexial así como as delegación de Vigo e Santiago.
Novas de
O COAG presentou un escrito no Concello de Silleda en relación coas manifestacións en prensa do Sr. Alcalde relativas ao acordo de convocar un concurso de ideas restrinxido para o deseño do novo edificio da casa consistorial.
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Secretaría Xeral de Igualdade), en colaboración coa Union Profesional de Galicia (da que forma parte o COAG) e Agaxen (Asociación Galega de Profesionais da Auditoría Sociolaboral de xénero e da prevención do acoso e da violencia de xénero nas organizacións) asinou un convenio de colaboración asinado para a prevención do acoso sexual no entorno laboral.
No BOP de Pontevedra de 6 de xullo, aparece o anuncio de procesos de selección para a formación de listaxes de reserva para a provisión interina en varias prazas para o Concello de Tui, entre as que se inclúe unha para a provisión interina da praza de arquitecto da escala de administración especial, encadrada no grupo A-1
O luns día 9 de xullo ás 12:00, tivo lugar a inauguración na Praza de Amboaxe da cidade de Ferrol, da exposición “Alejandro de la Sota 1913-1996” que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Continuar lendo →
O Colexio remitiu ao Sr. Reitor da Universidade de Vigo un escrito trasladando as súas suxestións en relación coa licitación para a contratación da redacción de proxecto e dirección da obra de rehabilitación do edificio Faraday da ETEA.
Pódese consultar o texto íntegro no seguinte ENLACE
Infórmase que a semana do 30 de xullo ao 3 de agosto, con motivo da semana grande das festas na cidade de Vigo, o horario de atención na Delegación de Vigo será de 10 a 13 horas. Rogamos desculpen as molestias.
Desde la Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo del Ministerio de Fomento nos comunican que ya está disponible en el portal web del Ministerio de Fomento la publicación Boletín estadístico del Observatorio de Vivienda y Suelo del primer trimestre de 2018 .
O COAG presentou un recurso de reposición en impugnación da Resolución da Alcaldía, pola que se aproba a convocatoria e «bases para a elaboración dunha lista para a posible contratación laboral temporal, mediante oposión libre dun Arquitecto/a»
Infórmase da publicación na web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no apartado de Plans con período de consulta aberto, o documento inicial estratéxico e o borrador do “Plan básico autonómico”, con carácter previo á elaboración do documento de alcance do estudo ambiental estratéxico, promovido pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, que está dispoñible no seguinte ENLACE Así mesmo, nese apartado se indica que se poderán presentar suxestións ao mesmo ata o 18/09/2017.
Con este motivo, o COAG constituirá un Grupo de Traballo para elaborar un documento de suxestións, abrindo a posibilidade aos colexiados e participar nese Grupo ou remitirlle as súas observacións sobre o documento referido.
Comentarios recientes