Fin do prazo para redactar o Informe de Avaliación de Edificios

20 Feb 2024

O vindeiro 20 de maio finaliza o prazo para redactar o Informe de Avaliación de Edificios que cumpran os 50 anos de antigüidade un ano antes.

Finalizou a prórroga do prazo para a obriga de dispor do Informe de Avaliación de Edificios -IAE- que cumpran os 50 anos de antigüidade un ano antes, porque segundo o Decreto 61/2021 polo que se regula o IAE, os concellos podían establecer un calendario para a presentación gradual dos IAE sempre que non superase o prazo de 3 anos dende a entrada en vigor deste decreto. Como esa moratoria conclúe este 20 de maio de 2024, a partir desa data todos aqueles edificios con máis de 51 anos que non dispoñan do IAE estarán a incumprir a normativa básica en materia de inspección de edificios, o que se considera infracción urbanística segundo a Lei 2/2016 do solo de Galicia e leva á imposición das sancións correspondentes.

Tamén convén lembrar que son os concellos quen deben velar por que esa obriga se cumpra.

Información

Compartir