AGAU – Aviso da próxima convocatoria de eleccións para escoller á Xunta Directiva

14 xuñ 2024

Todas as persoas colexiadas no COAG que, estando na súa plenitude de dereitos, o soliciten poden formar parte da AGAU-COAG.

Para poder participar das próximas eleccións é necesario tramitar a inscrición antes do día 19 de xuño ás 14h, xa que segundo indica a disposición transitoria segunda do regulamento, a convocatoria destas primeiras eleccións será aprobada en Xunta de Goberno (a celebrar o 19 de xuño en horario de tarde).

Pódese tramitar a inscrición, accedendo coas credenciais colexiais, no seguinte ENLACE

Na convocatoria de eleccións quedará establecido o prazo de presentación de candidaturas, período de campaña electoral e data da votación. 

Para a proposta de datas a establecer na convocatoria, tomáronse en conta as conclusións xurdidas da reunión da AGAU do 23 de maio.

Recordamos que a inscrición, que para este ano 2024 é de balde, é necesaria para ser persoa integrante da agrupación e permite, entre outras cuestións:

  • Asistir e dirixir propostas nas Asembleas Xerais da Agrupación con voz e voto.
  • Ser elixido/a como persoa integrante da Xunta Directiva da Agrupación.
  • Elixir a Xunta Directiva da Agrupación segundo se prevé no Regulamento.
  • Propoñer suxestións e/ou propostas á Xunta Directiva da Agrupación.
  • Participar nas actividades da Agrupación e ser informado delas.

Pódese obter máis información sobre a AGAU no seguinte enlace:

https://portal.coag.es/agau/

Compartir