Pola relevancia que posúe para a cidade da Coruña, tanto en relación á vivenda para residentes como en relación ás actividades profesionais, especialmente para aquelas situadas en planta baixa ou primeira, informámoste de que, até o día 28 de marzo, está aberto o prazo do trámite de información pública para que as persoas e entidades poidan achegar as súas reclamacións ou suxestións á “Ordenanza reguladora das Vivendas de uso turístico” do Concello da Coruña.
Seguindo as consideracións da Resolución do Parlamento Europeo, de 21 de xaneiro de 2021 (2019/2187 (INI)), sobre o acceso a unha vivenda digna e asequible, e a sentenza do TXUE do 22 de setembro de 2020 (Gran Sala, ECLI:EU:C:2020:743), na que se recalca que determinadas medidas para lograr o obxectivo de paliar a escaseza de vivendas destinadas ao arrendamento de longa duración están xustificadas por unha razón imperiosa de interese xeral, e tendo observado unha crecente preocupación social na cidade fronte a escalada de prezos dos alugueres e o incremento de este tipo de establecementos turísticos, axuntamos aquí a información básica para realizar aportacións a este proceso.
Enlaces de descarga da Ordenanza Reguladora das Vivendas de Uso Turísitico:
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=22864
https://www.coruna.gal/descarga/1453886620829/2025-01-31-XGLEeU.-Extracto.pdf
Enlace ao anuncio sobre este trámite publicado no BOP:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/02/13/2025_0000000879.html
Enlaces do trámite anterior de consulta previa:
https://www.coruna.gal/descarga/1453878194664/CONSULTA-ORDENANZA-VUTS-1.pdf