Dende o respeto á privacidade que a súa familia buscou para os seus derradeiros momentos, dende o COAG queremos manifestar a nosa dor polo pasamento do noso compañeiro Miguel Silva Suárez.
Arquitecto, docente, decano do Colexio, Miguel Silva, foi unha figura importante na arquitectura galega dos últimos 50 anos. De feito, previamente ao seu compromiso como decano, foi a persona que actuando como Secretario, colaborou na posta en marcha do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia nos primeiros anos 70.
Foi el quen leu a declaración para a creación do Colexio de Arquitectos e a el correspóndelle ese primeiro compromiso de lograr darlle forma ao anhelo de todo un conxunto de arquitectos e arquitectas novas en Galicia, que desexaban contar cun Colexio propio.
Ademáis de ser decano do Colexio de Arquitectos entre 1983 e 1986, foi profesor na Escola de Arquitectura da Coruña durante anos, e tivo unha participación activa nos movementos sociais e culturais da cidade da Coruña, entre eles a da Comisión Provincial de Patrimonio que chegou a presidir.
