Curso Práctica BIM: A casa Farnsworth en Revit, Archicad, Edificius e Bonsai – Últimos días

27 maio 2026

Últimos días de matriculación, a práctica empeza o luns 1 de xuño.

[+ matriculación e programa completo do curso]

O sector da edificación avanza a un ritmo vertixinoso e a metodoloxía BIM xa se consolidou como o estándar indiscutible. Porén, para moitos arquitectos, a transición desde o tradicional contorno CAD cara a un ecosistema BIM pode resultar un desafío esmagador. Co propósito de achandar este camiño, programamos este curso deseñado especificamente para os profesionais que desexan iniciarse no mundo BIM con seguridade.

Este curso presenta videotutoriais nos que se realiza o modelado arquitectónico básico da icónica Casa Farnsworth de Mies van der Rohe con catro softwares distintos (Revit, Archicad, Edificius e Bonsai).

Os participantes terán así a oportunidade de tomar contacto tanto con algúns dos programas máis estandarizados e coñecidos da industria, como con outras alternativas emerxentes moi interesantes, adquirindo datos reais sobre las diferentes solucións que mellor se poidan adaptar ao seu fluxo de traballo.

A práctica final proposta é que cada alumno desenvolva ese mesmo exercicio co software que considere máis interesante dos que se presentan (sen necesidade de dispoñer de licenzas, habilitarase unha sección para a descarga de versións de proba).

O obxectivo principal deste reto é lograr que os alumnos se familiaricen coa metodoloxía e estratexia utilizada no proceso de modelado (comezar a pensar en BIM), adquirindo unha visión transversal que o arquitecto poderá aplicar o día de mañá independentemente da ferramenta de software que decida implantar no seu estudo.

É o momento perfecto para perderlle o medo ao 3D paramétrico.

Prezos de matrícula

  • Matrícula ordinaria: 130 euros
  • Arquitectos colexiados: 95 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 65 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Certificado de aproveitamento.

O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG ( moodle.coag.es ). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.

Aforo e prazos de matrícula:

O aforo é limitado.

  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 17/05/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: desde o luns 18/05/2026 ata o luns 31/05/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.

Programa completo e matrícula:

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explícanse as actividades que integran o curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

Coa colaboración de

Compartir