COAG Estudio

Descripción

“COAG Estudio” é a aplicación informática que permite aos colexiados do Colexio de Arquitectos o Visado Dixital dos seus expedientes. O Visado Dixital consiste na sinatura dixital de arquivos, converténdoos así en arquivos de identidade e autenticidade inquebrantables. Mediante a esta aplicación informática, pódense enviar a visar expedientes dixitalmente seguindo un procedemento ordenado, hanse cubrir uns datos obrigatorios e introducir a documentación gráfica e escrita en formato PDF. Estes arquivos incluídos na estrutura documental asinaranse dixitalmente co Coagestudio por medio da sinatura dixital.

Vantaxes. Diferenzas co visado físico.

As principais diferenzas e vantaxes do visado dixital son:

  • Desaparece o papel ata a impresión final definitiva. Aforro de custes na preparación de copias en papel previas ó visado.
  • Envío da información vía web, o que nos dá liberdade total de movemento.
  • Rexistro de entrada dos documentos automática. Servizo 24 horas.
  • Comunicación, seguimento e xestión económica, vía web.
  • Copia de seguridade automática, externa ao noso estudio.
  • Organización de todas as entregas, correccións e documentos.
  • Arquivo detallado de encargantes e colaboradores. Base de datos.
  • Autocontrol do procedemento, organización de expedientes/ documentos e autocorrección, consulta dos posibles motivos de retención.
  • Aforro de espacio de almacenaxe e arquivo.
  • Dispoñibilidade de copias visadas en todo momento sen necesidade de pasar polo Colexio.

Solicitar o visado dixital

Descargar

Instalación e configuración de COAGEstudio

COAG Estudio (Windows XP / Vista / 7 / 8 / 10)

Notas:
Antes de proceder á instalación, é necesario descomprimir o contido do arquivo .zip a unha carpeta do seu disco duro.
En Windows XP, COAG Estudio require ter instalado previamente o Service Pack 3 do sistema operativo.
Se utilizas o antivirus “Avast“, podes experimentar incidencias no funcionamento de COAG Estudio. Isto débese ao comportamento do antivirus nas súas últimas actualizacións. Esta guía describe como establecer unha exclusión para COAGEstudio no “Avast”.