O vindeiro martes 13 de decembro, terá lugar na Cámara de Comercio de A Coruña esta xornada presencial e de carácter gratuito, dirixida -principalmente- ó sector empresarial da inxeñaría, arquitectura e construcción ou a calquer interesado/a en materia de descarbonización de edificios. Falaremos sobre a importancia de tomar medidas no canto a redución da pegada de carbono dos edificios co obxectivo de minorar o seu impacto no cambio climático.
Orde do día / Axenda
Hora | Programa |
10:00 h | RECEPCIÓN DE ASISTENTES |
10:15 h | INAUGURACIÓN Dª. Ángeles Vázquez Mejuto. Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Acompañada en Mesa Presidencial por Iberdrola e Cámara de Comercio da Coruña |
10:30 h | AXUDAS RD 853/2021 PARA A REHABILITACIÓN INTEGRAL DE EDIFICIOS D. Heriberto García Porto. Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) |
11:00 h | VISIÓN 360 DO SECTOR DA DESCARBONIZACIÓN DO CALOR NA VIVENDA D. Ramón Corrochano Casares. Arquitecto |
11:30 h – COFFEE BREAK – NETWORKING (20”) | |
11:50 h | MESA REDONDA: CASOS DE ÉXITO Dª. Coral Souto Díez. Gerente de SEINGENIA D. Miguel Prada. Responsable comercial España y Escandinavia – División bombas de calor en ECOFORESTModerador: D. Yago García Gasalla. Responsable do Departamento de Eficiencia Enerxética na Dirección Global de Smart Solutions de IBERDROLA |
12:30 h | CLAUSURA D. Antonio Couceiro Méndez. Presidente da Cámara de Comercio da Coruña. |
RESERVE A SÚA PRAZA – AFORO LIMITADO
Descargar Programa