O arquitecto urbanista Jan Gehl, autor das peonalizacións de Times Square e o centro de Moscova e Melbourne e defensor das cidades deseñadas para a xente, impartirá en Pontevedra unha conferencia maxistral sobre as vilas do futuro e presentará o seu libro número 100: ‘A dimensión humana’. O evento será o próximo 16 de decembro, de 10 a 13 horas, no salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra.
O seu relatorio realizarase ao amparo do acto de clausura da Facultade Ágora, a iniciativa formativa impulsada pola Deputación de Pontevedra para fomentar a recuperación do espazo público nas vilas e concellos da provincia, e estará aberta ao público xeral totalmente gratuíto.
É preciso realizar inscripción previa no correo agora@depo.gal Por razón de protocolo COVID é preciso indicar nome, documento de identidade, teléfono e correo de contacto.