Convocada a 23ª reunión de GuBIM Galicia

4 Marzo 2022

Foi convocada a 23ª reunión do GuBIM Galicia o sábado 12 de marzo de 2022, ás 12:00 h, a través de videoconferencia. O tema a tratar será Ecosistemas de xemelgos dixitais para facility management, polo arquitecto Fernando Morales Tosar, CEO de BIM6D.

O programa e os datos da xornada están no post da páxina web do guBIM Galicia.

O enlace para apuntarse á reunión é:

https://forms.gle/aUzLfNKNJqbDKD1M9

A participación no Grupo de Usuarios BIM de Galicia é completamente gratuita, sen interese económico nin empresarial particular, e ten por único obxectivo compartir experiencias e establecer redes de contacto, coñecemento e colaboración entre os usuarios BIM da nosa comunidade.

Animamos aos colexiados, usuarios ou interesados na metodoloxía BIM a integrarse e participar no GuBIM Galicia.

 

Compartir