Acto principal do “Día das Artes Galegas 2020-2021” dedicado a Domingo de Andrade

10 Nov 2021

O vindeiro mércores día 17 de novembro ás 19 horas terá lugar na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela o acto principal do “Día das Artes Galegas” 2020-2021 no que intervirán, entre outros, o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, don Manuel Quintana Martelo así como o académico numerario da Sección de Arquitectura don Celestino García Braña, quen lerá o seu discurso “Xeometría e cidade na Compostela de Domingo de Andrade”. A ceremonia rematará co peche musical a cargo do “Trío Compostela” que interpretará as “Variacións Goldberg”.

Compartir