Desde a área de formación e innovación do COAG, en colaboración co COAM, está a porse en marcha unha planificación de accións, divulgativas e formativas, encamiñadas a facilitar a formación dos arquitectos en todas as materias relacionadas coa aplicación das novas tecnoloxías ao exercicio profesional. Así, ao longo dos próximos meses, poñeremos á vosa disposición unha serie de xornadas divulgativas e cursos de formación a través dos que tentaremos cubrir as principais demandas nestas materias.
Así, o vindeiro martes, día 7 de maio, terá lugar unha xornada en liña sobre o uso do Building Information Modeling (BIM) como catalizador para fomentar a colaboración en proxectos de arquitectura e construción, a cargo de Roberto Molinos, arquitecto e Director Xeral de Modelical. Durante esta xornada, discutirase o Plan BIM de España, enfocándose no impacto que ten no exercicio profesional dos arquitectos en termos de eficiencia e competitividade. Tamén se proporcionará unha visión clara sobre a norma ISO19650 e como esta establece un marco de colaboración para clientes, arquitectos e contratistas que pode aplicarse a proxectos de calquera escala.
Abordarase a integración de BIM e a colaboración con fabricantes e construtoras para facer proxectos máis eficientes. Presentaranse exemplos onde o BIM foi esencial para mellorar a coordinación e a integración dos diferentes participantes na cadea de valor da construción. A sesión tamén cubrirá técnicas para a colaboración efectiva coa industria na prescrición de proxectos.
Relator:
Roberto Molinos é arquitecto (UPC 2007), máster en estruturas (UPM 2010) e é o director xeral de Modelical, unha consultora especializada na dixitalización do sector da construción. Ademais é profesor asociado en IE School of Architecture and Design, onde dirixe o programa avanzado BuiltTech, e onde imparte clases sobre deseño computacional, BIM e xestión da tecnoloxía. A súa experiencia de Roberto abarca desde proxectos multimillonarios de estadios, aeroportos e outras infraestruturas até a implementación de tecnoloxías de deseño en empresas e organizacións de todos os tamaños. Antes de fundar Modelical, Roberto traballou como arquitecto e especialista BIM en Idom e Sener.
Data:
Martes, 7 de maio, de 19:00 a 21:00
Modalidade:
En liña
Inscrición:
Para o seguimento en directo desta xornada é necesario inscribirse no seguinte ENLACE