Novos concellos incorporados á interoperatibilidade co COAG

0
Posted by / 18 diciembre 2020 / Categories: Asesoramento, Publicada en Portada, Uncategorised, Visado / -

Froito do convenio de interoperabilidade asinado entre o COAG e a Deputación da Coruña, habilitarase a posibilidade de autorizar a documentación tramitada no COAG para a súa descarga nos 72 Concellos aos que a Deputación dá soporte, en dúas fases.

En que concellos está dispoñible o servizo de interoperabilidade?

Na actualidade o servizo xa está dispoñible a modo de piloto en catro dos 72 Concellos aos que a Deputación dá soporte: Abegondo, Betanzos, Cambre e Rianxo. Lembramos que este mesmo servizo tamén se pode utilizar nos concellos de Vigo e Lugo.

Como funciona?

Basta que os arquitectos redactores autoricen a descarga e proporcionen ao promotor que solicita a licenza ou outras autorizacións, o código de expediente e traballo(s), para que se indique(n) na solicitude. A partires dese momento, o Concello poderá descargar a documentación técnica desde o COAG para que quede incorporada ao expediente municipal, sendo notificados os arquitectos autores no momento no que esta descarga se produza.

Como autorizan a descarga os arquitectos redactores?

A autorización da descarga polos arquitectos pode activarse no COAGEstudio para cada traballo tramitado coa estrutura documental guiada (estructura documental -> premer no traballo -> ficha do traballo -> activar a opción “enviar á administración unha vez visado”), ou por defecto para todos os traballos que se tramiten en diante nos concellos que teñen adscritos ao sistema (Administración -> Valores de configuración -> Activar Envío á Administración do Traballo).

Tamén se pode autorizar/revogar a descarga pola administración, en calquera momento, a través da web do COAG (Panel de servizos -> visado e asesoramento técnico -> consulta web de expedientes -> ficha do traballo -> envío á administración).

Como se realiza a autorización do promotor?

Só é preciso consignar nos formularios de solicitude de licencia e outras autorizacións (presenciais ou online) os traballos profesionais correspondentes (número de expediente COAG e número(s) dos traballo(s)).

É importante subliñar que, ademais do código de expediente, se deben autorizar e consignar todos os traballos para os que se autoriza a descarga. Por exemplo, si se atopan visados/rexistrados no COAG, dentro do expediente 200000, os traballos 2 (proxecto de execución), (3) folla de estatística, (4) oficio de dirección, consignaríanse na solicitude o número de expediente 200000 e os traballos 2,3,4.

About the author

Comentarios pechados.

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube