Informe técnico: Ámbito de aplicación das telecomunicacións

0
Posted by / 5 enero 2021 / Categories: Asesoramento, Publicada en Portada, Uncategorised, Visado / -

Polo seu interese e debido aos erros detectados no servizo de visado á hora de realizar a supervisión de proxectos e memorias técnicas, e para evitar retencións na súa tramitación, dende a área técnica preténdese lembrar o ámbito de aplicación das telecomunicacións.

NOTA: Os arquitectos non somos competentes en instalacións de telecomunicacións nin fogar dixital. A nosa obriga respecto das mesmas nos proxectos é o deseño da infraestrutura civil (arquetas, rexistros, armarios, espazos para as canalizacións, determinación de puntos de acceso) pero nada máis. A memoria de instalacións de telecomunicacións excede, polo tato, a nosa competencia e non pode ser visada (aínda que o arquitecto estivera habilitado por outro título, non podería visarse no COAG).

Estas instalacións, de querer achegalas na tramitación dos proxectos, estarán redactadas por técnico competente e irán na súa carpeta en Outros documentos técnicos.

Así a área técnica colexial elaborou un informe ao caso para estes traballos.

About the author

Comentarios pechados.

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube