VI Edición do ciclo de conferencias de arquitectura: PRÓXIMOS 2026

16 xuñ 2026

A Delegación de Santiago do COAG organiza a sexta edición do ciclo de conferencias PRÓXIMOS, que contará coa participación de Emiliano López + Mónica Rivera Arquitectos, Fuertes Penedo Arquitectos, Ameneiros Rey e Nuno Melo Sousa, e que se celebrará no Espazo Afundación de Santiago de Compostela durante os meses de xullo e setembro de 2026.

Dende a Delegación de Santiago comprácenos anunciar a celebración da sexta edición do ciclo de conferencias de Arquitectura PRÓXIMOS 2026, unha iniciativa que busca achegar á cidadanía e aos profesionais a obra e o pensamento de estudos e profesionais de referencia do ámbito galego e peninsular.

Tras seis edicións, PRÓXIMOS consolídase como unha das iniciativas de referencia da Delegación de Santiago para a difusión da arquitectura contemporánea, favorecendo o intercambio de experiencias entre profesionais, estudantes e público interesado na disciplina.

As conferencias celebraranse no Espazo Afundación en Santiago de Compostela, segundo o seguinte calendario:

PRÓXIMOS 2026

* Xoves 2 de xullo · Emiliano López + Mónica Rivera Arquitectos
* Xoves 9 de xullo · Fuertes Penedo Arquitectos
* Mércores 16 de setembro · Ameneiros Rey
* Venres 25 de setembro · Nuno Melo Sousa

Nas próximas semanas iranse publicando os detalles de cada sesión e os correspondentes formularios de inscrición.

A Delegación de Santiago agradece o apoio das entidades patrocinadoras -RODIÑAS, FINSA, TEJAS VEREA, ALUMAN e PAUDEPEDRA-, cuxa participación resulta fundamental para facer posible esta iniciativa e continuar impulsando actividades de divulgación arquitectónica de calidade.

Confiamos en que esta nova edición de PRÓXIMOS continúe fortalecendo os vínculos entre a arquitectura, o territorio e a cidadanía, promovendo o coñecemento e o debate arredor da arquitectura como disciplina cultural ao servizo da sociedade.

Agardámosvos!

Saúdos

Compartir