Este vinderio mércores 11 de xuño teremos un novo encontro aberto de seguimento do Programa “Mentoring para arquitectxs”. Nesta ocasión realizaremos unha visita ao conxunto do Mosteiro de San Martiño Pinario e, en particular, ao Pavillón Historicista (recentemente galardoado nos premios COAG) rehabilitado polos arquitectos Iago Seara e Juan Orozco, quen nos realizarán unha visita guiada polo conxunto.
Aproveitaremos este encontro para compartir as experiencias dos participantes neste programa, que acada o seu segundo ano. Invitámosvos a todas e a todos a asistir.
O encontro terá lugar ás 18:00 horas, na Praza de San Martiño de Santiago de Compostela. Aquelas persoas alleas ao programa que estean interesadas en asistir deberán solicitalo no seguinte FORMULARIO, xa que as prazas son limitadas. Unha vez inscritas, recibirán un correo de confirmación días antes do encontro.