Convocatoria de candidaturas ao II Premio “arquitectura para un mundo mellor” de recoñecemento profesional de achega á arquitectura

4 Set 2023

Sendo conscentes do valor aportado por outros profesionais no resultado final do noso traballo como arquitectos, dende a Xunta Directiva de Santiago quérese facer un recoñecemento explícito a aqueles que nos acompañan no proceso de xeito excepcional. Ate o 15 de setembro.

Así, convócase unha nova edición deste Premio que será outorgado a un profesional, non arquitecto, en recoñecemento ao seu traballo e á súa especial achega a unha “Arquitectura para un mundo mellor”.

Nese sentido anímase a todos os colexiados da demarcación de Santiago de Compostela á presentación das candidaturas que consideren idóneas para optar a este premio, tendo en consideración que a persoa proposta non pode ser arquitecto pero o seu ámbito profesional ten que estar relacionado coa arquitectura, sendo especialmente valorable que a súa contribución á mesma se enmarque no ámbito territorial da delegación de Santiago.

As candidaturas recibidas serán avaliadas por un xurado formado a tal efecto por compañeiros da nosa demarcación tentando que sexa o máis representativo posible do colectivo de arquitectos que a formamos.

Para participar debe enviarse unha mensaxe de correo electrónico ao enderezo xd.santiago@coag.es indicando no asunto: Candidatura II Premio “Arquitectura para un mundo mellor”*. A mensaxe debe de acompañarse dunha carta motivando a candidatura da persoa proposta. Unha mesma candidatura pode vir proposta por varios colexiados sendo o número de avais outra das cuestións para ter en conta na valoración das candidaturas presentadas.

O prazo para a presentación de candidaturas esténdese ata o próximo 15 de setembro de 2023.

* Os datos serán tratados unicamente coa finalidade de xestionar as candidaturas ao II Premio Arquitectura para un Mundo Mellor. O tratamento dos datos ten a base na comunicación de estar interesado en participar no proceso e istes datos so se conservaran o tempo necesario e no serán cedidos a terceiros salvo obriga legal. Mais información sobre a nosa política de privacidade en www.coag.es.

Compartir