O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a súa Delegación de Santiago, organizan o ciclo de conferencias denominado “Territorios Análogos”. Este ciclo, que conta con especialistas en urbanismo e ordenación do territorio, permitirá coñecer diferentes experiencias levadas a cabo fóra de Galicia, e que poderían gardar certa analoxía coa nosa realidade territorial.
As dúas vindeiras conferencias terán lugar os días 4 e 18 de febreiro no Museo das Peregrinacións e de Santiago, e serán impartidas por Javier Burón e Agustín Hernández Aja.
Próximamente publicarase o programa, lugar de celebración e a inscrición de cada unha das conferencias.
DATA:
Martes 04 e 18 de febreiro de 2025
HORARIO:
19:00 a 20:30 horas
LUGAR:
Salón de actos do Museo das Peregrinacións e de Santiago
Praza das Praterías, 2. Santiago de Compostela