Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas
QUE É?
A AGAAP é a Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
PARA QUE SE CREA A AGAAP?
A creación da AGAAP realizouse a iniciativa da Xunta de Goberno, acollendo a inquietude dun grupo de arquitectas e arquitectos que traballan nas administracións públicas que advertían da necesidade de dispoñer dun ente que os representara, que os defendera, e que propiciara un entorno no que poder relacionarse cos/as compañeiros/as doutras administracións públicas.
Por unha banda, a AGAAP supón unha oportunidade para constituírnos formalmente, que nos represente como colectivo e coa que defender os nosos intereses profesionais, considerando que a nosa modalidade de exercicio profesional presenta unhas características e problemáticas particulares que merecen unha atención especializada, tanto dentro como fóra do COAG.
Por outra banda, a AGAAP aspira a facilitar e impulsar o encontro entre compañeiros/as con circunstancias semellantes, de modo que tamén pretende favorecer a cohesión entre as arquitectas e arquitectos que traballamos nas diferentes administracións de Galicia, promovendo a nosa interacción, intercambio de opinións, de información e apoio corporativo.
COMO SE CREOU A AGAAP?
O pasado 28 de maio, a Xunta Xeral Extraordinaria aprobou o Regulamento da “Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas” do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. En virtude dos estatutos do COAG, esta aprobación definitiva determinou a constitución da agrupación.
Podes consultar os seguintes documentos relativos á súa creación nos seguintes enlaces:
- Regulamento da AGAAP
- Acordo de creación da comisión xestora da “Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas” Circular 24/2023.
- Convocatoria e acordo da Xunta Xeral extraordinaria celebrada o 28.05.2024 sobre a aprobación do regulamento da “Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos nas Administracións Públicas” Circular 09/2024 e Circular 10/2024
CALES SON OS REQUISITOS PARA FORMAR PARTE DA AGRUPACIÓN?
O regulamento da AGAAP establece as condicións das persoas integrantes no seu artigo 8. En resumo, os requisitos son:
- Estar colexiado/a
- Prestar servizo en calquera administración pública ou universidade pública (funcionario/a de carreira, interino/a, ou contratado/a en réxime laboral, ou por sentenza, excluído o persoal eventual)
- Non desenvolver actividades privadas de índole profesional que correspondan ás competencias do título de arquitecto ou arquitecta (agás as autorizadas consonte á nromativa que establece o réxime de incompatibilidades)
No artigo 13 contémplase a figura de “Afín” para as arquitectas ou arquitectos relacionados co exercicio profesional nas administracións públicas en situacións distintas ás anteriores.
AGRÚPATE
A AGAAP ofréceche a oportunidade de compartir un espazo con outras arquitectas e arquitectos que tamén traballan nas administracións públicas, cos que podes coincidir en problemáticas ou inquedanzas similares, compartir intereses, e na que poderás aproximarte ao traballo que se realiza noutros ámbitos territoriais ou materiais.
Animámoste a participar coa túa voz e experiencia no impulso da agrupación que se acaba de constituír, orientando o seu funcionamento para constituír unha ferramenta útil para todos e todas.
Se reúnes as condicións para ser persoa integrante da Agrupación, podes solicitar a túa inscrición, de balde, no seguinte enlace:
solicitude de alta
Dado que un dos requisitos é estar colexiado/a, se aínda non o estás debes solicitar a colexiación. Podes consultar máis información sobre como colexiarte no seguinte enlace: Colexiación
Unha vez recibida a solicitude, a mesma será revisada pola Secretaría colexial para determinar que a mesma cumpre os requisitos de pertenza á Agrupación. En caso de que sexa preciso realizar correccións será indicada expresamente. A inscrición definitiva será confirmada mediante un correo electrónico da Secretaría colexial.
Se tes algunha dúbida escribe ao correo agaap@coag.es
AFINS
Conforme ao previsto, no art. 13 do regulamento da AGAAP e ao acordado Asemblea Xeral do 9 de maio, ademais de como agrupados, existe a opción de incorporarse á AGAAP como afín. Poderán ser afíns da AGAAP-COAG os arquitectos e arquitectas que cumpran os seguintes requisitos:
- Non atoparse en situación de inhabilitación para a función pública.
- Estar nalgunha das seguintes situacións: xubilación, tras ter prestado servizo en calquera Administración pública ou Universidade pública; excedencia, de acordo coas disposicións reguladoras do emprego público; estar prestando servizos para a Administración Pública mediante contrato administrativo, calquera outra que estableza a Asemblea e sexa coherente cos fins e funcións da AGAAP-COAG.
O recoñecemento da incorporación como afín será por acordo da Xunta Directiva da AGAAP-COAG, previa solicitude do interesado ou interesada e xustificación dos requerimentos solicitados. A solicitude de incorporación como afín deberá realizarse cubrindo o seguinte formulario: https://form.jotform.com/252941984721970
ÓRGANOS DE GOBERNO
A AGAAP está rexida pola Asemblea Xeral e pola Xunta Directiva.
Xunta Directiva:
Presidente: Daniel Beiras García-Sabell, colexiado nº 2127.
Secretaria: Lorena González García, colexiada nº 4465.
Tesoureira: Marián Juárez Pérez, colexiada nº 2125.
Vogal: Ignacio Soto González, colexiado nº 2129.
Dona Natalia Alvaredo López, col. 4876, vogal en representación da Xunta de Goberno.
CONTACTO
Se queres transmitir calquera dúbida ou suxestión á AGAAP, podes facelo no correo electrónico: