Hoxe luns 27 de setembro terá lugar ás 20 horas na sede da Real Academia Galega de Belas Artes a presentación das publicacións “Interaccións artísticas en Galicia Mariñán 2018-2019”, editada pola Excma. Deputación da Coruña, as tres Universidades Galegas e a Real Academia Galega de Belas Artes e “Domingo de Andrade, xenio e oficio” editada pola Excma. Deputación Provincial da Coruña, o COAG e a Real Academia Galega de Belas Artes.
O acto constará de dúas partes: na primeira contará coas intervencións de Anne Heyvaert, coordinadora das xornadas “Interaccións artísticas en Galicia. Mariñán 2018-2019”, da vicerreitora de Igualdade Cultura e Servizos da Universidade Santiago DE Compostela, María del Mar Lorenzo Moledo; da vicerreitora de Igualdade Cultura e Deporte da Universidade da Coruña, Cristina López Villar; da vicerreitora de Captación de alumnado, estudiantes e Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, Natalia Caparrini e de Julio Mourenza, director do @Conservatorio Superior de Música da Coruña.
Na segunda parte intervirán Elena Ampudia Aixendri, decana-presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e Celestino García Braña, vicepresidente da RAGBA; o peche correrá a cargo de , Anxo M. Lorenzo Suárez, Director Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Valentín González Formoso, presidente da Excma. Deputación da Coruña e de Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes.