Últimos días de presentación de candidaturas aos Premios Juana de Vega de intervencións na paisaxe 2022

22 xuñ 2022

O vindeiro 30 de xuño remata o prazo. No ano 2022 convócase o Premio na categoría de Intervencións en Espazos Exteriores, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións realizadas en espazos exteriores tanto públicos como privados que contribúan a mellorar a calidade da paisaxe.

Poden ser candidatos ao premio: autor/es do proxecto ou da intervención, cuxo promotor sexa unha persoa física ou xurídica de natureza pública ou privada.

Só se admitirán intervencións realizadas en Galicia, que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2021.

O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de xuño de 2022.

­
Máis información e inscricións

Compartir