No ano 2021 a Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega convoca o Premio de Intervencións na paisaxe na categoría de VIVENDAS UNIFAMILIARES,  que ten por obxecto recoñecer a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen en Galicia.

Poden ser candidatos ao premio: o/s autor/es do proxecto.

Só se admitirán intervencións realizadas en Galicia, que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de decembro de 2020.

prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 21 de xuño de 2021 e o fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.

Máis información
Convocatoria 2021