No ano 2019 convócase o Premio na categoría de INTERVENCIÓNS EN ESPAZOS EXTERIORES, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións realizadas en espazos exteriores tanto públicos como privados que contribúan a mellorar a calidade da paisaxe.
Poden ser candidatos ao premio: autor/es do proxecto ou da intervención, cuxo promotor sexa unha persoa física ou xurídica de natureza pública ou privada.
Só se admitirán intervencións realizadas en Galicia, que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2018.
O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 28 de xuño de 2019.