No ano 2023 convócase o Premio na categoría de INTERVENCIÓNS PRIVADAS NO PATRIMONIO CONSTRUÍDO E A SÚA CONTORNA, que ten por obxecto recoñecer aquelas intervencións que recuperen o patrimonio construído e poñan en valor a súa contorna. O prazo de presentación de candidaturas remata o 30 de xuño
Poden ser candidatos ao premio: autor/es do proxecto ou da intervención, cuxo promotor sexa unha persoa física ou xurídica de natureza privada.
Só se admitirán intervencións realizadas en Galicia, que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de decembro de 2022.
O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de xuño de 2023 e o fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.
O xurado estará composto por:
Presidente:
- Gonçalo Byrne, Arquitecto Portugués.
Secretario:
- Pedro Calaza Martínez, Doutor Enxeñeiro Agrónomo, Doutor Arquitecto da Paisaxe e Director da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega.
Vocais:
- Maria Isabel Iglesias Díaz, Doutora en Ciencias Biolóxicas e Profesora Titular do departamento de Produción Vexetal e Proxectos da Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela.
- Teresa Táboas Veleiro, Doutora Arquitecta e Membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos.
- Covadonga Carrasco López, arquitecta en CREUSeCARASCO, con varios galardóns, entre eles o Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe, na categoría de vivendas unifamiliares e o Premio da Bienal de Venecia pola Remodelación do Porto de Malpica.
- Encarna Otero Cepeda, Historiadora e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego.
- Jesus Sánchez García, Catedrático de Historia do Arte da Universidade de Santiago de Compostela.
- Enrique Sáez Ponte, Presidente da Fundación Juana de Vega.
O premio terá unha dotación económica de 6.000,00 €. Ademais, os premiados recibirán un diploma acreditativo.
A criterio do xurado poderán concederse dous accésits, dotados cada un deles cun diploma e unha cantidade económica de 1.500,00 €.
Consulta toda a información nas bases e a convocatoria 2023.