Convocatoria Premios Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2018 – Vivendas unifamiliares

17 Abr 2018

Esta categoría ten por obxecto recoñecer a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen en Galicia.

Poden ser candidatos ao premio: o/s autor/es do proxecto.

Só se admitirán proxectos realizados en Galicia, que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2017.

prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 1 de xuño de 2018 e o fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.

O xurado estará composto por:

  • Gonzalo Byrne, arquitecto.
  • Teresa Táboas, arquitecta.
  • Rosario Sarmiento, Licenciada en Xeografía e Historia, xestora cultural e experta en coleccionismo.
  • Miguel Fernández Cid, Licenciado en Xeografía e Historia e crítico de arte galego.
  • Isabel Aguirre de Urcola, arquitecta e directora da Escola Galega da Paisaxe.
  • Enrique Saéz Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega.
  • Antonio Maroño Cal, Decano do COAG.
  • Fernando Agrasar Quiroga, Director da E.T.S de Arquitectura da UDC.

O premio terá unha dotación económica de 6.000,00 €. Ademais, os premiados recibirán un diploma acreditativo.

A criterio do xurado poderán concederse dous accésits, dotados cada un deles cun diploma e unha cantidade económica de 1.500,00 €.

Consulta toda a información nas bases e a convocatoria 2018.

Compartir