I Concurso de debuxo infantil “A SUPERCASA”

10 Out 2022

A delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convoca o I Concurso de Debuxo Infantil coa finalidade de dar a coñecer, entre os e as máis novas, a importancia que ten a Arquitectura na calidade de vida e benestar da sociedade. O concurso está dirixido a nenos e nenas en idades entre 5 e 12 anos inscritos na educación primaria.

LEMA : A SUPERCASA

Nesta primeira edición búscase explorar cómo os nenos e nenas valoran o seu entorno máis próximo e cotiá, a vivenda, reflexionar cómo queren que sexan os espazos onde viven.

O confinamento levou a que os e as máis pequenas redescubriran todos os espazos dos seus fogares. A imaxinación permitiu a todos e todas crear xogos alí onde antes só comían, agocharse alí onde só se almacenaba roupa, ler onde antes só se bañaban…Todo foi susceptible de mudar.

Pero tamén botaron en falla moitas cousas, correr sen límites, a luz do sol, o vento na faciana, as conversas coas amizades, o cheiro do mar…

Por eso é obrigado pedirlles que soñen con cal sería a súa SUPERCASA.

Aquel fogar que soñan nas súas mentes con todo aquelo que pensan podería mudar a súa vida para máis feliz e mellor.

Toca coller pinturas, rotuladores, papeis e todo o que desexen para crear ese deseño de SUPERCASA que vaia máis alá da súa imaxinación e a de todos nós…

A debuxar!!

 

Máis información.

Compartir