Este martes 15 de novembro comezan as xornadas de IV Triálogos de Arquitectura na Delegación en Pontevedra do COAG. Unha oportunidade de coñecer de primeira man o traballo que están a desenvolver os e as profesionais da arquitectura da nosa Delegación.
Nestes IV Triálogos serán 9 os estudios de compañeiros e compañeiras que participarán en tres sesións amosando obras que incorporen o concepto da “Casa Sá”. En cada sesión cada estudio adicará un máximo de 20 minutos a explicar un máximo de dúas obras favorecendo así un tempo final para a celebración dun pequeno debate entre os tres e co público asistente.
A primeira destas sesións desenvolverase este martes día 15 de novembro de 19:30h a 21:30h na sala de conferencias do segundo andar da Casa das Campás, e participarán os estudios de Celsa Pesqueira Arquitecta, Uña+Amandi arquitectos e Mauro Lomba Arquitecto.
A entrada será de balde e aberta a todo o público.