Tal e como se anuncia na Circular 20 2024, procedeuse á publicación do fallo do xurado dos Premios “Gran de Area 2024.
Os premios “Gran de Area de aportación a Arquitectura” son unha aposta do Colexio de Arquitectos de Galicia nas provincias de Pontevedra e Ourense, para o recoñecemento do traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores necesarios, nas obras e proxectos de calidade desenvolvidos nas demarcacións de Vigo, Ourense e Pontevedra.
Conforme á convocatoria realizada na circular 13/2024, un total de 75 propostas foron presentadas á edición 2024 dos Premios Gran de Area. O xurado da presente edición emitiu o seu fallo polo cal destaca 12 das candidaturas presentadas.
Poden consultarse a través do seguinte ENLACE.