A Xunta, en colaboración con AJE Galicia, organiza o vindeiro 2 de maio unha xornada para dar a coñecer as oportunidades nos fondos Next Generation e as axudas para autónomos e pemes.
A xornada terá lugar o vindeiro luns 2 de maio, a partir das 10:30 h, no auditorio 2 do edificio CINC, na Cidade da Cultura, en Santiago, e nela daranse a coñecer tanto as oportunidades para as empresas no marco dos Fondos Next Generation, como as axudas para autónomos e pemes habilitadas pola consellería de Emprego e a vicepresidencia 2ª e consellería de Economía, Empresa e Innovación.
INSCRICIÓNS: DÍA 2 DE MAIO | 10:30 | PRESENCIAL / ON LINE (google.com)