Ingreso de D. César Portela Fernández Jardón como Académico de Honra da Real Academia Galega de Belas Artes

21 Set 2022

A Academia celebrará o sábado, día 24 de setembro sesión extraordinaria pública para o acto de ingreso de D. César Portela Fernández-Jardón cómo académico de Honra da Institución, acto que terá lugar no Pazo de Baión en Vilanova de Arousa.

A entrada é libre mais o aforo da sala é bastante limitado.

Pregamos que confirmen a asistencia neste enderezo: info@academiagalegabelasartes.gal

D. César Portela Fernández-Jardón foi proposto polos membros numerarios da Real Academia Galega de Belas Artes, don Xosé Manuel Casabella López, don José Ramón Soraluce Blond, don Ramón Yzquierdo Perrín e don Felipe-Senén López Gómez, resultando elixido en votación realizada na sesión ordinaria celebrada o 17 de decembro de 2021.

César Portela Fernández-Jardón
Foto: Gustavo Santos

Compartir