Prazo de matrícula aberto para o curso de “Cálculo de Estructuras de Madera 2024” USC_PEMADE

30 maio 2024

Recordamosvos que hoxe día 30 e maña día 31 de maio atópase aberto o prazo de matrícula para o curso presencial “Cálculo de Estruturas de Madeira 2024” da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Axencia Galega da Industria Forestal (XERA).

Este curso de formación específica de 120h impartirase durante os meses de xuño e xullo, nas instalacións da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (PEMADE) do Campus Terra en Lugo.

Máis información.

Compartir