No BOP-Pontevedra de 13 de xuño se anuncia a convocatoria para a contratación dun/dunha arquitecto/a no Concello de Forcarei, dentro do Programa “Primeira experiencia profesional”.
Mediante Resolución de Alcaldía nº2022-0361 de data 09/06/2022, aprobáronse as bases para a contratación laboral temporal mediante un contrato de carácter temporal de Formación dun titulado en Arquitectura, mediante o procedemento de concurso.
O Prazo para a presentación de solicitudes, será de 3 días hábiles, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO.
As bases específicas do procedemento poderán consultarse no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial do Concello e no taboleiro de anuncios da páxina WEB oficial do Concello de Forcarei, sito na sede electrónica e con dirección https://forcarei.sedelectronica.gal. Estes serán os principais medios para dar publicidade a tódalas notificacións dos actos que deriven do procedemento selectivo.
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.