Publicacións de axudas a promotores de vivendas en alugueiro

1 Xul 2021

No DOG de 29 de xuño publícase a Resolución do 16 de xuño de 2021 pola que se convocan para o ano 2021, con carácter plurianual, as subvencións do Programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021.

A Xunta de Galicia destinará máis de 3,6 millóns a fomentar o parque de vivendas destinadas ao alugueiro por medio de axudas aos promotores das mesmas. O Diario Oficial de Galicia publicou xa a resolución pola que se convocan estas subvencións, que poden chegar ata os 350 euros por metro cadrado.

As vivendas construídas ou rehabilitadas deberán destinarse ao alugueiro durante un período mínimo de 25 anos por parte de persoas e familias que non superen os ingresos establecidos nas propias bases do programa.

En canto aos beneficiarios, poderán recibir estas axudas os promotores das vivendas, tanto públicos como privados, así como as cooperativas de vivendas de alugueiro, fundacións, empresas de economía social e organizacións non gubernamentais, entre outros, que cumpran os requisitos fixados.

As axudas poderán aplicarse tanto a vivendas de nova construción como ás procedentes de rehabilitacións, sempre que as obras non foran iniciadas antes do 1 de xaneiro deste ano e o inmoble conte con, polo menos, cinco vivendas. Tamén poderán beneficiarse aquelas con obras en curso paralizadas que se retomen ata a súa completa finalización.

 

Compartir