Publicación dos prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica

13 agosto 2021

Publicados no DOG dos prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións.

Conforme o disposto no artigo 66.1 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, na redacción introducida pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, «durante o período legal de protección, calquera acto de disposición ou de arrendamento de vivendas protexidas en primeira ou posteriores transmisións estará suxeito a un prezo de venda ou renda máximo que, en atención aos criterios determinados regulamentariamente, será fixado mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia».

Enlace ao DOG.

Compartir