No DOG de 5 de decembro, publícase a Instrución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 8 de novembro de 2017 relativa ao trámite de autorizacións en materia de patrimonio cultural nos bens inmobles catalogados e declarados de interese cultural, os seus contornos de protección e as zonas de amortecemento.
O obxecto desta instrución é desenvolver o criterio de interpretación sobre o réxime de autorizacións en materia de protección do patrimonio cultural é, dunha forma concreta, que actuacións de entre as que poidan propoñerse sobre bens inmobles protexidos polo seu valor cultural ou, de ser o caso, nos seus contornos de protección ou zonas de amortecemento, non requiren da autorización previa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por non suporen afección ningunha nin poren en risco os valores culturais protexidos.