Instituto Galego da Vivienda e Solo – Convocatoria de distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2022

30 Dec 2021

No DOG de 30 de decembro de 2021, publícase a Resolución do 23 de decembro de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2022.

O artigo 91 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, establece que o Instituto Galego da Vivenda e Solo desenvolverá políticas de rehabilitación e renovación do parque de vivendas de Galicia atendendo a criterios de accesibilidade, sustentabilidade, aforro enerxético, mellora da calidade e conservación dos elementos singulares das construcións existentes. O artigo 94 da citada lei establece que os programas de rehabilitación poderán dispoñer para a súa execución de medidas específicas de fomento, de axudas ao financiamento, de préstamos subsidiados, de anticipos, de incentivos fiscais e de calquera outro instrumento, nos termos que se establezan nas correspondentes normas de desenvolvemento.

Neste contexto, o Instituto Galego da Vivenda e Solo puxo en marcha un conxunto de medidas encamiñadas a fomentar a rehabilitación de edificios e vivendas, algunhas delas previstas no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021 (Boletín Oficial del Estado núm. 61, do 9 de marzo), e outras de carácter exclusivamente autonómico. Entre as primeiras medidas destacan as subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas, dirixidas á rehabilitación de vivendas e edificios de tipoloxía residencial colectiva, situados tanto en ámbitos urbanos como rurais.

1. Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2022 as subvencións dos seguintes programas para actuacións de rehabilitación:

a) Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondentes ás áreas de rehabilitación integral (en diante, ARI) dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que se tramitará co código de procedemento VI408H.

b) Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondentes á ARI da Ribeira Sacra, que se tramitará co código de procedemento VI408N.

 

Enlace ao DOG

Compartir