Solicitude de documentación para elaboración de publicación sobre Casas Reitorais

0
Posted by / 15 febrero 2021 / Categories: Libros, Noticias, Publicada en Portada / -

A arquitecta Marian Leboreiro está a facer un traballo de catalogación das casas reitorais ao longo do Camiño de Santiago, e solicita a colaboración daqueles compañeiros que teñan traballado en casas reitorais, aportando documentación para o catálogo.

O ano pasado foi aprobado, por parte da Sociedade de Xestión do Xacobeo, o: “Proxecto de divulgación e revalorización patrimonial das Casas Reitorais do Camiño Portugués no seu Tramo Galego», presentado polos historiadores, Aroa Vargas Rial e Vicente Caramés  Moreira, e os arquitectos Marian Leboreiro Amaro e Alberto Leboreiro Amaro.

A filosofía deste proxecto nace da situación de abandono que nos últimos anos están a sufrir estes inmobles e pretende mediante unha catalogación, exposición e creación dunha plataforma dixital, concienciar sobre a súa perda á sociedade. A vontade é que devandito proxecto non se extinga en si mesmo senón que pola contra é vontade que este alcance nun futuro inmediato a todo o territorio galego.

Na ficha que se está realizando sería de interese incorporar a documentación gráfica existente, plantas, alzados e seccións de estado actual. Documentación da que só dispoñen os arquitectos que interviñeron nas Casas Reitorais. Como membro do equipo agradeceríavos a aqueles que traballastes nesas casas pasásedesnos a información en versión dixital a:

conservación.museodomar@xunta.gal.

O proxecto nace dunha iniciativa de investigación do Museo do Mar de Vigo.

Sempre se citará a procedencia. Faise extensiva a petición sobre proxectos desenvolvidos en casas reitorais por toda a xeografía Galicia, o que permitiría ir facendo un repositorio para traballos futuros que poida realizar o COAG ou a Xunta de Galicia sobre un patrimonio de alto interese e hoxe moi abandonado.


Solicitud de documentación para elaboración de publicación sobre Casas Rectorales

La arquitecta Marian Leboreiro está haciendo un trabajo de catalogación de las casas rectorales a lo largo del Camino de Santiago, y solicita la colaboración de aquellos compañeros que hayan trabajado en casas reitorales, aportando documentación para o catálogo.

El año pasado fue aprobado, por parte de la Sociedade de Xestión do Xacobeo, el: “PROYECTO DE DIVULGACIÓN Y REVALORIZACIÓN PATRIMONIAL DE LAS CASAS RECTORALES DEL CAMINO PORTUGUÉS EN SU TRAMO GALLEGO” presentado por los historiadores, Aroa Vargas Rial y Vicente Caramés  Moreira, y los arquitectos Marian Leboreiro Amaro y Alberto Leboreiro Amaro.

La filosofía de este proyecto nace de la situación de abandono que en los últimos años están sufriendo estos inmuebles y pretende mediante una catalogación, exposición y creación de una plataforma digital, concienciar sobre su pérdida a la sociedad. La voluntad es que dicho proyecto no se extinga en sí mismo sino que por el contrario es voluntad que este alcance en un futuro inmediato a todo el territorio gallego.

En la ficha que se está realizando sería de interés incorporar la documentación gráfica existente, plantas, alzados y secciones de estado actual. Documentación de la que solo disponen los arquitectos que han intervenido en las Casas Rectorales. Como miembro del equipo os agradecería a aquellos que habéis trabajado en esas casas nos pasaseis la información en versión digital a:

conservación.museodomar@xunta.gal.

El proyecto nace de una iniciativa de investigación del Museo del Mar de Vigo.

Siempre se citará la procedencia. Se hace extensiva la petición sobre proyectos desarrollados en casas rectorales por toda la geografía Galicia, ello permitiría ir haciendo un repositorio para trabajos futuros que pueda realizar el COAG o la Xunta de Galicia sobre un patrimonio de alto interés y hoy muy abandonado.

About the author

Comentarios pechados.

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube