Infórmase que o martes 13 de febreiro, con motivo da festividade de Martes de Entroido, as oficinas colexiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo permanecerán pechadas, polo que só haberá atención presencial nas delegación de Pontevedra, Ferrol e Santiago.
Atención telefónica.
Con motivo da festividade do Martes de Entroido, debido á redución de efectivos por mor do desfrute do festivo polo persoal, ese día non haberá atención telefónica, polo cal recoméndase o emprego de medios de comunicación telemáticos co Colexio.
Atención telemática.
Polos motivos expostos, recomendase que o vindeiro martes 13 de febreiro o contacto co COAG, se realice a través da plataforma de consultas colexial, dispoñible no panel de servizos da web colexial.
En relación co anterior, lémbrase que, a través da referida plataforma, se poden realizar consultas sobre cuestións como:
- Visado / Tramitación
- Asesoramento técnico
- Formación
- Finanzas e Tesourería.
- Colexiación e Secretaría.
No caso de non ter claro o ámbito da consulta, deberase usar a modalidade de Outras consultas. Tamén é posible presentar reclamacións por este medio.
Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.