O vindeiro xoves 27 de abril, ás 19,00 horas, terá lugar no Museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela, unha nova sesión do ciclo do Club de Lectura Hai Mulleres, na que falaremos coa arquitecta Miriam García García sobre a súa obra “La metamorfosis de la costa. Paisajes resilientes y cambio climático”. Esta sesión será emitida en streaming pola plataforma Zoom.
Como en sesións anteriores, a través dun directo, falaremos dun libro coa súa autora-arquitecta. Durante unha hora achegáremonos a todos os temas relevantes relacionados coa obra e promoverase a participación das espectadoras para facer preguntas ou comentar con nós o libro.
Esta actividade está aberta a todas aquelas persoas interesadas, non necesariamente arquitectas, coa intención de crear un espazo aberto á sociedade interesada na arquitectura.
Para asistir presencialmente, é precisa a inscrición a través do seguinte ENLACE.
Para seguir a sesión por Zoom, seguir este ENLACE.
Data: xoves 27 de abril
Hora: 19:00 horas
Lugar: Museo das Peregrinacións
Praza das Praterías, 2,
15704 Santiago de Compostela
Posteriormente todos os vídeos permanecerán accesibles nas redes do COAG e compartiranse nelas ao longo do ano.