Atlantía | Dispoñible a gravación coa intervención de Natalia Mora

24 Xul 2026

Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da intervención de Natalia Mora Priego, de Cachivache Atelier. O evento ATLANTÍA pretendeu reunir, nunha xornada que tivo lugar o xoves, 18 de xuño, no Naútico de San Vicente do Mar a visión de varias arquitectas de xeracións diferentes, e con perfís profesionais tamén moi diversos. Un evento que pretende continuar no tempo, amosando o traballo, implicación e diversidade de tantas profesionais arquitectas e que aspira tamén a descubrir e servir de plataforma para aquelas máis novas.

ENLACE Á GRAVACIÓN.

Compartir