Xornada de asesoramento on line “O Plan de Conservación e Mantemento de edificios”

29 Mar 2023

O vindeiro luns, día 17 de abril, ás 18:00, terá lugar unha xornada de asesoramento on line sobre o plan de conservación e mantemento de edificios. O obxectivo desta xornada é ofrecer unha visión xeral do plan de conservación e mantemento dos edificios, a evolución do seu marco regulador, os seus obxectivos, contido e principais aspectos a ter en conta na súa elaboración. Ademais, pola súa importancia no contexto actual, analizarase de maneira particular o plan de conservación e mantemento no contexto do Libro do Edificio Existente e o RD 853/2021, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

CONTIDO:

  • Conceptos de Conservación e de Mantemento de Edificios.
  • A Conservación e o Mantemento de Edificios antes de LOE.
  • A Conservación e o Mantemento de Edificios tras LOE.
  • Paradoxo tras a entrada en vigor de LOE.
  • A Conservación e o Mantemento de Edificios tras a Lei 8/2012 de vivenda de Galicia.
  • A Conservación e o Mantemento de Edificios tras o RD 853/2021.
  • Cuestións sen aclarar en relación ao Libro do Edificio e o Libro do Edificio Existente.
  • O Plan de Conservación e Mantemento no Libro do Edificio e o Libro do Edificio Existente.
  • Obxecto do Plan de Conservación e Mantemento.
  • Fichas descritivas das operacións de mantemento.
  • O onde, o que, o cando e o quen de cada operación de mantemento.
  • O calendario de Mantemento.

RELATOR: 

  • Luis Jurado Téllez. Arquitecto comprometido coa  conservación dos edificios, con ampla experiencia profesional na práctica pericial. Exerceu durante 12 anos como arquitecto asesor no Centro de Asesoramento Técnico do Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid.  Autor dos libros “Haz tu casa en 10 pasos: Guía de todas las gestiones necesarias para construir una vivienda” e “Guía para hacer un informe o dictamen pericial sobre edificios”.

PROGRAMACIÓN:

  • Luns, 17 de abril, de 18:00 a 20:00 h.
  • On line
  • A xornada é exclusiva para colexiados. Requírese inscrición no seguinte ENLACE.

Compartir