O vindeiro martes 24 de maio, ás 17:30 h, terá lugar unha xornada de asesoramiento on line na que falaremos das responsabilidades do arquitecto e, de maneira particularizada, das responsabilidades nas actuacións subvencionadas.
O obxectivo desta xornada é expoñer, a través do estudo de casos reais, regulación específica e xurisprudencia existente, cales son as principais responsabilidades que se poden derivar das nosas actuacións profesionais neste tipo de intervencións, identificar os puntos problemáticos do proceso e propoñer as mellores prácticas orientadas a minimizar ou paliar, na medida do posible, os riscos. En particular:
- Que responsabilidades se poden derivar das nosas actuacións profesionaies neste tipo de obras?
- Se actuamos como axente ou xestor da rehabilitación, nos termos no que se define no artigo 8 do RD 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Que responsabilidades asumo en relación coa obtención da subvención?
- Que ocorre se existen erros de proxecto que poidan motivar a perda total ou parcial da subvención?
- Que tipos de autorizacións administrativas se requiren para este tipo de actuacións e cáles son as responsabilidades derivadas de cada unha delas?
Para dar resposta a estas cuestións, contaremos con:
- Juan J. Raposo Arceo. Dr. en Dereito.
- Alicia Romaní Bóveda. Arquitecta. Conselleira de Asemas en Galicia. Tesoureira da Xunta de Gobierno do COAG.
Importante:
- Exclusiva para arquitectos colexiados no COAG.
- Seguemento exclusivamente en directo. Nesta ocasión, polas implicacións que podería ter a difusión do seu contido, non se publicará a gravación para o seu seguemento en diferido.
- Requírese inscrición previa no seguinte ENLACE.