Enquisa sobre preferencias formación en ferramientas de cálculo HE e certificación enerxética

2 Maio 2022

Desde o servizo de formación do COAG, co obxectivo de apoiar aos arquitectos no seu exercicio profesional para levar a cabo as actuacións derivadas dos diferentes programas de axuda á rehabilitación desenvolvidos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, estanse a deseñar e planificar diferentes accións formativas e xornadas de asesoramento sobre as principais materias implicadas.

Entre estas materias, atópase a formación nas ferramentas máis utiizadas para a verificación do cumprimento do DB-HI0 e DB-HE1 e eficiencia enerxética dos edificios.

Para aliñar na maior medida posible vosas necesidaes e expectativas co enfoque e contidos dos cursos que imos organizar, pedímosvos que cubrades, antes das 23:59 horas do domingo día 8 de maio, esta breve enquisa.

Nela, poderedes elixir entre catro propostas de cursos. A selección non é excluínte (podedes elixir máis dun curso). En cada unha das opcións elixidas, dispoñedes dun campo de texto para trasladarnos os aspectos que consideredes de interese incluír no desenvolvemento do curso. Poden ser dúbidas, exemplos ou calquera cuestión que consideredes de interese.

Tanto a definición final dos exercicios prácticos como a duración final do curso adecuarase ás cuestións de interese que nos trasladedes. Por este motivo, é moi importante que cubrades o apartado que habilitamos para iso.

A enquisa é breve e anónima, e está dispoñible no seguinte [ENLACE]

Compartir