Aberto o prazo de matrícula para os cursos de Revit nivel iniciación e intermedio.

29 Abr 2025

Encontrase aberto o prazo para matricularse nos cursos de Revit inicicaión e intermedio.

Revit_nivel iniciación[+ matriculación e programa completo do curso]
Revit_nivel intermedio: [+ matriculación e programa completo do curso]
Revit_nivel iniciaciónnivel intermedio[+ matriculación e programas completos dos cursos]

Prevéronse uns descontos moi importantes:

  • Desconto do 25% para a matrícula conxunta dos niveis iniciación e intermedio.
  • Para os matriculados no nivel de iniciación de 2024, un desconto do 35% para a matrícula do nivel intermedio.
  • Para os matriculados no nivel de iniciación no 2024 que non acadaran o certificado de aproveitamento ou o de autodesk, ábrese un novo prazo para a entrega das prácticas, cunha modalidade de matrícula de 95 €.

(*) Para optar pola modalidade “colexiado subscrito a formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento no que se formalice a matriculación. Os colexiados que non vos atopedes subscritos ao servizo de formación en 2024, podedes solicitalo nunha nova consulta no seguinte enlace.

Máis información e consultas:
Para formular consultas ao respecto destes cursos, podes dirixirte a nós a través de:

  • Colexiados: a través do apartado de “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, no seguinte ENLACE
  • Non colexiados: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org.

Advertencia
A celebración do curso está condicionada a que se alcance o número mínimo de alumnos matriculados para a viabilidade do mesmo. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.

Compartir