Aberto o prazo de matrícula para el curso de QGIS nivel intermedio.

13 maio 2025

Encontrase aberto o prazo para matricularse no curso de QGIS intermedio.

QGIS_nivel intermedio: [+ matriculación e programa completo do curso]

As persoas matriculadas no curso QGIS nivel iniciación poderán acceder ao curso intermedio cun desconto do 55 %.

Grazas a esta redución, as persoas subscritas a formación que estean matriculadas no nivel de iniciación terán un prezo final de 95 €.

Ademais, a aqueles que superen con éxito os cursos de iniciación e intermedio, poderáselles emitir un certificado oficial de QGIS España, cun custo extra de 30,25 €.

(*) Para optar pola modalidade “colexiado subscrito a formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento no que se formalice a matriculación. Os colexiados que non vos atopedes subscritos ao servizo de formación en 2024, podedes solicitalo nunha nova consulta no seguinte enlace.

Máis información e consultas:
Para formular consultas ao respecto destes cursos, podes dirixirte a nós a través de:

  • Colexiados: a través do apartado de “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, no seguinte ENLACE
  • Non colexiados: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org.

Advertencia
A celebración do curso está condicionada a que se alcance o número mínimo de alumnos matriculados para a viabilidade do mesmo. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.

Compartir