O vindeiro martes, 19 de abril, de 17:00 a 20:00h, o COAG organiza unha xornada de asesoramento en liña impartida por José María Domínguez Blanco e Marcos Viturro Gómez na que se abordará, desde un punto de vista práctico, a inscrición rexistral das principais actuacións realizadas sen título habilitante. Prestarase especial atención ás declaracións de obra nova terminada sen título habilitante, e aos actos e usos do solo que poden constituír parcelación urbanística, así como a súa inscrición rexistral. Ademais, exporanse os conceptos de propiedade horizontal e complexo inmobiliario, analizando en que supostos poden constituír unha parcelación urbanística.
Contidos:
- Os conceptos de complexo inmobiliario.
- Supostos nos que se pode inscribir edificacións e actos de división sen título habilitante.
- Procedemento e documentación que hai que presentar. Especial referencia aos informes técnicos.
- Consecuencias da inscrición rexistral.
- Reacción da Administración Urbanística ante estas inscricións.
Ponentes:
- José María Domínguez Branco, Xefe Servizo de Disciplina Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo. Corpo Superior da Xunta de Galicia.
- Marcos Viturro Gómez, Técnico de Administración Xeral do Servizo de Disciplina Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.
Inscrición:
Esta xornada de asesoramento é exclusiva para colexiados subscritos ao servizo de formación.
Requírese inscrición no seguinte [+enlace]