Charla informativa sobre a Pasarela Reta

18 Mar 2025

O xoves día 27 de marzo, ás 19.30 horas, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza unha charla informativa en colaboración coa Asociación Nacional de Mutualistas Arquitectos ANMARQ, na que contaremos coa intervención de Ana Rodríguez Luaces (Vicepresidenta da Delegación Galicia) e Rafael Fernández Vale (Delegación Galicia).

Motivada pola recente proposición de lei na que o Goberno expón unha pasarela entre as mutualidades e o RETA, nesta xornada falaremos sobre diversos temas relativos á profesión e á xubilación.

A charla informativa levarase a cabo na Sala de Exposicións da Delegación (Avenida de Esteiro 129, baixo).

A asistencia é libre e gratuíta para calqueira persoa interesada. Con todo, para unha correcta organización da xornada, para asistir é recomendable a inscrición a través da ligazón dispoñible neste ENLACE.

Compartir