Resultado do sorteo da oferta de traballo para a redacción dun proxecto de demolición e dirección técnica no Concello de Nigrán

14 Xan 2021

Tal e como se ten anunciado tivo lugar o sorteo para este traballo, que se pode consultar na zona de emprego do Panel de Servizos da páxina web.

Conforme se indica na convocatoria, a selección dos candidatos para realizar as tarefas indicadas, realizouse por sorteo. O sorteo realizouse cunha aplicación informática que utiliza o algoritmo «Fisher-Yates», o cal xera unha permutación aleatoria sobre un conxunto finito de elementos dando como resultado un listado.

Como consecuencia do sorteo estableceuse a orden de prelación que se pode consultar no seguinte ENLACE.

 

Compartir