O BOE do 18 de xullo de 2022 (Nº 171) informa da Resolución do 28 de xuño de 2022, Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, referente á convocatoria para prover varias prazas.
Na devandita resolución infórmase da publicación no BOP de Pontevedra, nº 119 do 22 de xuño de 2022 das bases específicas para prover, entre outros postos, os que se indican a continuación:
- Dúas prazas de Arquitecto superior, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Superior, Grupo A, Subgrupo A1, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
- Dúas prazas de Arquitecto superior, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Técnica, clase Superior, Grupo A, Subgrupo A1, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».