Prazas de arquitecto/a nos Concellos de O Carballiño e no de Barbadás

23 Feb 2023

No BOE de 23 de febreiro, publícanse as convocatorias para proveer varias prazas nos Concellos de O Carballiño e no de Barbadás. Esta publicación inicia o prazo de presentación de solicitudes de participación.

·          O CARBALLIÑO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2023, do Concello de O Carballiño (Ourense), referente á convocatoria para proveer varias prazas. BOE 23/02/2023

·          BARBADÁS

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2023, do Concello de Barbadás (Ourense), referente á convocatoria para proveer varias prazas. BOE 23/02/2023

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir